Xulgan as dúas mulleres acusadas de ter asasinado en Chancelas un ancián pola herdanza
Por Redacción
Un xurado popular terá que decidir sobre a culpabilidade ou a inocencia das dúas mulleres que sentarán no banco das acusadas este luns 28 de marzo na Audiencia Provincia. Son investigadas como presuntas asasinas dun home de 85 anos no lugar de Chancelas, en Poio, o 2 de febreiro de 2014.
Segundo o fiscal o seu obxectivo era quedar coa herdanza do ancián. Por este motivo, solicita unha pena de 20 anos de prisión para cada unha das mulleres por un delito de asasinato coa agravante de aproveitamento do lugar e as circunstancias.
Unha das mulleres, Albertina, coñecía á vítima tras tratala no Hospital Domínguez. Alí coñeceu que o home nomeara herdeira a unha das súas coidadoras. Albertina logrou convencer á vítima para que cambiase o testamento e fóra ela a herdeira única de todos os seus bens, segundo consta na acusación da Fiscalía.
Desde que o home cambiou o testamento, a acusada ofreceuse a coidalo no seu domicilio de Chancelas e para iso contratou á outra acusada, Rocío. Segundo o relato do fiscal, a noite do crime Albertina e Rocío aproveitaron o regreso a casa do home, tras asistir á sala de festas La Luna, para golpearlle a cabeza varias veces cunha tixola, co bastón da vítima e cunha pedra. As agresoras utilizaron un pano para cubrirlle a cabeza mentres lle asestaban golpes ata causarlle a morte. As mulleres, presuntamente despois de perpetrar o asasinato, simularon un roubo na vivenda.
Relacionadas:
-
Gravacións do 112, Policía Nacional e Garda Civil botan luz sobre o crime de Chancelas
Por Alejandro Espiño |
-
Foron unha ou dúas persoas as que mataron a Secundino en Chancelas?
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Unha das dúas acusadas do crime de Chancelas pide saír de prisión ata o xuizo, á outra tanto lle ten
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
As acusadas polo crime do ancián de Chancelas, ante o tribunal dous anos despois
Por Natalia Puga |
-
Ao ancián de Chancelas golpeárono ata romper unha tixola e un bastón e metéronlle un pano na boca
Por Natalia Puga |