O roubo de varias arquetas pon en alerta ao Concello de Marín
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín alertou do roubo de varias arquetas no viario das praias.
A desaparición das tapas de rede de sumidoiros converteuse nun clásico dos furtos por parte dos ladróns que logo as venden como chatarra.
Ademais do elevado custo económico que ten a reposición destas pezas, preto de 300 euros por unidade, estas accións delituosas tamén xeran un importante perigo ante a posibilidade de que algunha persoa se precipite por un dos buracos deixados polos delincuentes.
Tamén poden causar danos nos coches porque estas tapas están colocadas nunha zona de circulación como é a estrada que comunica cos areais de Portocelo e Mogor.
De momento, por fortuna, non se produciu ningún sinistro.
A colaboración veciñal resulta fundamental para localizar outros buracos destapados polos ladróns e, tamén, para localizar aos autores destes furtos.
Igualmente, a Policía Local de Marín, trata de identificar as persoas que causaron desfeitas nos columpios da zona de Portocelo.