ENCE ten que ir "máis alá da propia fábrica" na súa implicación con Pontevedra, segundo Rueda
Por Alejandro Espiño
Á Xunta non lle basta co emprego e a actividade económica que xera Ence co seu complexo industrial en Lourizán. Así o sinalou este luns o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, que reclamou á empresa pasteira que se implique "moitísimo máis" na xeración de riqueza da comarca de Pontevedra.
Tras a prórroga concedida polo Goberno en funcións, Rueda entende que Ence "non se pode quedar nada máis que na continuidade da súa actividade", cos investimentos anunciados pola compañía para a mellora tecnolóxica e de redución do impacto paisaxístico.
O vicepresidente da Xunta insistiu en que a empresa pasteira "ten que ter claro" que debe contribuír "máis alá dá propia fábrica" á creación de emprego e ao establecemento de industrias complementarias que "cren ese emprego e esa riqueza".
O complexo industrial de Lourizán "é certo que garante moito emprego", pero a Xunta entende que non é suficiente, polo que "estaremos pendentes" de que asuma ese compromiso.
A este respecto, Rueda sinalou que chegado o momento "facilitaremos" os trámites para a instalación en Lourizán da planta de biomasa concedida polo Goberno a Ence, a condición de que respecten a normativa vixente.
Relacionadas:
-
Ence demora ata final de ano a súa decisión final de investimento na planta de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Ciudadanos "no nos gusta" como se deu a prórroga a ENCE e pide crear unha mesa de diálogo
Por Alejandro Espiño |
-
O Congreso aproba, coa única oposición do PP, pedir a anulación da prórroga concedida a ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello inicia a batalla legal contra a prórroga a ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
"A planta de biomasa farase en Pontevedra ou non se fará". A resposta, nun mes
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE apoiará económicamente a ampliación da depuradora de Praceres
Por Oskar Viéitez |