O goberno local suxire a Feijóo que aproveite a súa estancia en Ponte Caldelas para coñecer os problemas do municipio
Por Redacción
Aproveitando que o presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia celebrará un acto de campaña na localidade de Ponte Caldelas, o alcalde da localidade, o socialista Andrés Díaz, dixo que no equipo de goberno local séntense "orgullosos" desta elección e suxeriron ao mandatario popular que "aproveite a ocasión para coñecer a fondo as necesidades do municipio".
Neste senso, o alcalde ofrécese a acompañalo a visitar a estrada PO-234, Ponte Caldelas-Laxoso-Augasantas (Cotobade), "que se atopa nunhas condicións lamentables de conservación e seguridade e require dunha reforma urxente".
Este venres o Diario Oficial de Galicia publicou un anuncio da Axencia Galega de Infraestruturas polo que se anuncian obras de reforzo en seis estradas da provincia por valor de case 600.000 euros. No lote aparece o tratamento da estrada comarcal PO-542 (Pontevedra-Ponte Caldelas e a estrada PO-232 entre Carballedo (Cotobade) e as proximidades de Cerdedo, na N-541.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas denuncia o bloqueo da Xunta ás obras da PO-234 Laxoso-Augasantas
Por Redacción |
-
A plataforma de afectados pola PO-234 esixe que a estrada se reforme "dunha tacada"
Por Redacción |
-
Apoio pleno das corporacións de Ponte Caldelas e Cotobade á petición de reforma da PO-234
Por Redacción |
-
Os afectados pola PO-234 chaman a crear un foro de diálogo para axilizar o arranxo do vial
Por Redacción |