Sanxenxo Pode di sentir "vergoña" do seu concelleiro e asegura que o futuro do partido está "pendente de resolución"
Por Oskar Viéitez
"Despues da reunión mantida esta mañá, onde non houbo maioría suficiente para tomar unha decisión, Roberto Carlos Agís Balboa seguirá coa súa acta na oposición como concelleiro independente e o futuro de Sanxenxo Pode como partido está pendente de resolución".
Con este conciso comunicado, subscrito polo concelleiro Roberto Agís e Dora Bea, o partido sanxenxino deixa sen resolver a súa crise interna que tivo o seu punto álxido a pasada semana ao materializarse a ruptura co goberno local e a renuncia como responsable de Cultura, Xuventude e Festexos, por parte do único edil desta formación.
Noutro comunicado anterior encabezado coa rechamante frase "Sanxenxo Pode si, Roberto Carlos non" a presidenta da formación política, Dora Bea, dixo sentir "vergoña" de Agís e invitoulle a saír do partido xa que considera que o edil "abandonou" o seu compromiso coa súa dimisión "tomada unilateralmente por el e co descoñecemento do partido" e que lles deixa "nunha situación moi delicada"
"O que ti chamas dimisión, nós cualificámolo de abandono", di esta especie de carta aberta a Roberto Agís, "abandono das túas obrigacións como membro do teu partido, que sempre che apoiou e deu a cara por ti en numerosas ocasións, abandono do compromiso asinado por ti cos teus socios de goberno e abandono dos teus deberes cos veciños", apostila.
Relacionadas:
-
Roberto Agís convoca os veciños para explicar os motivos da súa marcha do goberno de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Dimite a presidenta de Sanxenxo Pode
Por Oskar Viéitez |
-
Tranquilidade no goberno municipal de Sanxenxo, convertido agora en tripartito tras a dimisión de Agís
Por Alejandro Espiño |
-
O edil de Cultura dimitido cita "confrontaciones" no cuadripartito pero avanza que "jamás" pactará co PP
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Telmo Martín, ante a crise de goberno en Sanxenxo: "Seguro que as cousas non quedan así. Vai ir a peor"
Por Alejandro Espiño |
-
O concelleiro de Cultura de Sanxenxo dimite e pasa á oposición
Por Oskar Viéitez |