Marea Pontevedra reclama a limpeza dos solares da antiga Tafisa
Por Redacción
Marea Pontevedra presentará este mes unha moción para reclamar que se garanta a salubridade e a seguridade nos terreos que ocupaba Tafisa nas marxes do río Lérez. Segundo expuxo o portavoz desta agrupación política, Luís Rei, o goberno local conta cunha parcela que se atopa en malas condicións.
Por iso reclama unha actuación inmediata nese terreo municipal e solicita que desde o Concello se inste aos propietarios do resto de solares a que leven a cabo a limpeza e o acondicionamento destes espazos.
Para o terreo de titularidade municipal, desde Marea piden que se acometa a segunda fase do inventario para coñecer que elementos son propiedade do Concello e que se eliminen os charcos e as acumulacións de terras, ademais de establecer un protocolo para conservar este espazo.
Para os solares pertencentes a promotoras ou ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, Luís Rei reclama que se curse de oficio unha orde de limpeza. O concelleiro sinala que existe un parque infantil nas proximidades e é necesaria unha intervención para evitar problemas de saúde. Rei denuncia que esta situación prolóngase desde hai unha década.
MERCADO AMBULANTE
Por outra banda, desde Marea mostran o seu rexeitamento ao traslado do mercado ambulante a estes terreos onde se atopaba a fábrica de taboleiros. Segundo Luís Rei, o mercado debe estar instalado nun espazo céntrico para que poida xerar actividade económica e suxeriu como emprazamento a contorna do Mercado de Abastos. O goberno local quere probar como funcionaría a venda no mercado nestas instalacións e ten previsto testealo no mes de maio.
Relacionadas:
-
Lores e o período refractario
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O solar de Tafisa dispoñerá dunha parcela para autocaravanas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Xa se pode pasear por Tafisa
Por Natalia Puga |