As nais de Forzáns reciben unha rosa no seu día
Por Redacción
A asociación cultural "O Torreiro" cumpriu coa tradición e entregou unha rosa a cada muller da parroquia de Forzáns, en Ponte Caldelas, como forma de homenaxealas no Día da Nai. O cura párroco, David Dosantos, foi o encargado de repartir as flores.
Con este agasallo, a asociación quere agradecer a todas as nais os sacrificios que realizan polos seus fillos e polos netos, ademais de recoñecer o esforzo que realizan as avoas na conciliación entre a vida laboral e familiar.
Ao redor de 70 mulleres recibiron a rosa e ademais participaron nunha chocolatada que o colectivo organiza con motivo desta festividade.