O goberno provincial aproba máis de dous millóns de euros en axudas para investir en dez concellos da provincia
Por Redacción
A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá 14 novas axudas, por un importe total de 2.149.986 euros para 10 concellos da provincia ao abeiro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.
Entre outras axudas inclúese una partida de 110.923,10 euros destinada ao concello de Cambados para o soterrado de tendidos eléctricos e 63.492,29 euros a Moraña destinados á substitución dunha beirarrúa e unha tubaria.
Ata o momento, o grado de execución da liña 1é dun 17,54%, o que representa unha inversión na provincia de 4.100.003 euros, a consecuencia das complicacións que supón a realización dos proxectos de obras e as correspondentes autorizacións doutras administración.
O Plan Concellos 2016, que naceu como unha iniciativa da nova Deputación, conta con 47 millóns de euros que serán transferidos na súa totalidade aos concellos antes do verán.
Relacionadas:
-
150.000 euros da Deputación para reconstruír a ponte e urbanizar a rúa Zapal en Marín
Por Redacción |
-
O goberno da Deputación aproba achegas para A Illa de Arousa, Sanxenxo e Moraña
Por Redacción |
-
Bueu, Moraña, Portas, Ribadumia e Campo Lameiro reciben novas axudas da Deputación
Por Alejandro Espiño |