Unha troita de tres quilos morde a un home logo de ser capturada
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Marcos González, un mozo veciño de Paradela, en Ponte Caldelas, foi quen de capturar e sacar do río cunha cana un exemplar de troita de casi 3 quilos de peso e algo máis de 50 centímetros de lonxitude. Foi este xoves ao caer a tardiña nun paraxe próximo aos Pasos da Fraga, no río Verdugo.
González tivo a paciencia suficiente para poder sacar ao peixe despois de recibir unha forte picada que fixo que o seu carrete se volvera tolo polo tirón e os intentos de fuxida da troita. Durante máis de 40 minutos estivo loitando co peixe ata que, coa axuda do seu pai, pudo ir levándoa cara a beira do río e botala a terra.
A fiereza do animal fixo que se revelara contra o seu captor con tanta intensidade que incluso chegou a morder ao pai de Marcos González quen, nun despiste mentra estaba tentando quitarlle o anzol de tres picos á troita, recibiu unha dentellada.
Tivo que soltar ao pescado, pero este caiu en terra firme onde nada pudo facer para librarse do seu destino que non será outro que acabar no forno e nun xantar familiar para a vindeira fin de semana.
Aínda que nun primeiro momento informouse de que o cebo utilizado foi un anaco de escalo prendido sobre un anzol de tres picos, como os utilizados polas "cucharillas", o propio pescador sinalou días depués que usara miñoca de terra.
Marcos González asegura que volverá a pescar polas inmediaciones dos Pasos da Fraga xa que con anterioridade a esta pescata escapóuselle outra á que lle pudo ver a cola dun tamaño moitísimo máis grande.
Relacionadas:
-
"Polo río abaixo van 300 troitas de pé..."
Por Redacción |
-
Posta a punto do ámbito do Verdugo para a Festa da Troita
Por Redacción |
-
O río Verdugo repóboase con 1.000 alevíns de troita
Por Redacción |
-
Unha escultura de Ortiz conmemorará os 50 anos de historia da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Pescan unha troita de case tres quilos no río Verdugo
Por Redacción |