O Goberno aproba a rebaixa de peaxes entre Pontevedra e Vigo
Por Oskar Viéitez
O Consello de Ministros aprobou o novo convenio con Audasa que inclúe a gratuidade da peaxe de volta en todos os tramos da AP-9 entre Pontevedra e Vigo.
Aos condutores con telepeaxe que utilicen habitualmente o vial sairalles de balde a viaxe de retorno os días laborais sempre que realicen os dous traxectos na mesma xornada. O desconto aplicarase tamén aos coches que fagan a viaxe a Pontevedra-O Morrazo e o Vigo-Redondela, xusto antes de entrar á ponte de Rande.
A medida aplicarase a vehículos lixeiros e entrará en vigor de xeito inminente unha vez referendada polo Goberno.
O novo protocolo mantén os compromisos asinados para ampliar a ponte de Rande no anterior decreto do Goberno socialista e inclúe ademais a mellora e remodelación do nó de Bombeiros en Pontevedra, a construción dun acceso en Vilaboa en dirección a Vigo.
Relacionadas:
-
A peaxe Pontevedra-Vigo será de balde no tramo de regreso dende medianoite
Por Natalia Puga |
-
O BNG ve unha "tomadura de pelo" rebaixar a AP-9 Pontevedra-Vigo só a usuarios con telepeaxe
Por Natalia Puga |
-
A rebaixa da peaxe entre Vigo e Pontevedra aplicarase a finais de xaneiro ou principios de febreiro
Por Redacción |