VIDEO.- Excarceran o condutor dun coche tras un brutal accidente na variante de Marín
A variante de Marín volveu a ser escenario este sábado dun brutal accidente de tráfico. Apenas dous días despois do último sinistro de consideración, unha violenta colisión entre dous coches deixou a dúas persoas feridas, unha das cales tivo que ser excarcerada polos Bombeiros ao non poder saír do seu vehículo.
O suceso tivo lugar sobre as tres da tarde no lugar de Pardavila, no quilómetro 7 da VG-4.4, coñecida como variante de Marín.
O choque entre os dous turismos foi tan forte que un deles perdeu o motor, que quedou tirado sobre a calzada.
Ao lugar do sinistro trasladáronse os Bombeiros do Morrazo, que lograron sacar do coche a un dos ocupantes. O condutor do outro coche puido saír do mesmo polo seu propio pé.
Os dous foron trasladados al hospital Montecelo de Pontevedra por unha ambulancia do 061.
Axentes da Garda Civil de Tráfico desprazados á zona víronse obrigados a cortar o viario mentres se rescataba ao condutor atrapado. Tras retirar os restos do accidente, a circulación puido retomarse con normalidade.
Desde o 112 Galicia, tamén se mobilizaron a efectivos de Protección Civil de Marín e a persoal do servizo de mantemento de estradas.
Relacionadas:
-
A Xunta descarta, polo de agora, reducir a velocidade e opta por actuar sobre o firme da Variante de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Falece o condutor excarcerado no accidente da variante de Marín
Por Redacción |
-
Unha persoa ferida en dúas saídas de vía ocorridas á primeira hora na variante de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O punto negro da Variante de Marín, escenario dun novo accidente cunha muller ferida
Por Redacción |
-
Ferida unha condutora tras dar co seu coche varias voltas de campá
Por Diego Torrado |