Este sábado volve o Troula Inclán 2016
Por Redacción
Este próximo sábado 21 de maio celebrarase na Praza de Méndez Núñez, por segundo ano consecutivo, o Festival Troula Inclán 2016.
A propietaria do establecemento La Gramola, situado na Praza Méndez Núñez, Marta González Curros, en colaboración co Centro Comercial Urbano Zona Monumental serán os encargados de animar a praza ao longo de todo o día, nunha festa na que teñen cabida desde os máis pequenos da casa, ata os máis maiores.
As actividades para desenvolver serán:
- 13.00 horas: Momentos tradicionais: actuacións de música tradicional galega
- 15.00 horas: Degustación de pratos típicos galegos.
- 17.00 horas: Pequetroula: actividades infantís e xuvenís que finalizarán coa buscada dun tesouro.
- A partir das 19.00 horas Concertos: Raul e Cia; Black Stones; Desconcerto; Operación guateque.
- Ás 00.00 horas peche de actuacións cunha canción final de todos os grupos xuntos.
Relacionadas:
-
Valle Inclán tamén vai de troula
Por Diego Torrado |
-
Diversión e bo ambiente no segundo festival Troula Inclán
Por Diego Torrado |
-
A choiva obriga a aprazar o Troula Inclán deste sábado
Por Redacción |
-
Éxito de público no Troula Inclán
Por Diego Torrado |
-
A praza de Méndez Núñez será escenario da Troula Inclán durante este sábado
Por Redacción |