A contorna do centro sociocultural de Cela será reformada
Por Redacción
O Concello de Bueu acondicionará a contorna do Centro Sociocultural de Cela, onde se substituirán as celosías por pavimento de formigón pulido.
O motivo deste cambio é lograr unha maior eficacia na limpeza deste espazo, e tamén mellorar a accesibilidade.
O material retirado terá unha nova vida, xa que a concellería de servizos, dirixida por Fidel Castro, reciclaraas noutros espazos municipais.
Como prioridade, a maior parte desas celosías vanse empregar proximamente na construción dos tres centros de compostaxe comunitarios que o Concello ten solicitados á Deputación de Pontevedra e que se van situar xunto ao pavillón municipal e institutos, na rúa Xosé María Estévez e na zona das Lagoas.