Como pode afectar o despregue do 4G aos veciños de Poio?
Por Oskar Viéitez
Finalizado o recente proceso do dividendo dixital (liberación da banda de 800MHz), os operadores de telefonía móbil comezaron no territorio español o despregue do 4G nas frecuencias que antes empregaba o servizo de televisión, o cal se producira en unha ou dúas semanas no Concello de Poio.
As emisións de telefonía móbil estarán nunha banda adxacente ás da Televisión Dixital Terrestre (TDT), polo que é posible que a sinal de televisión teña interferencias e non verse correctamente a imaxe. Isto é máis probable nas vivendas ou edificios próximos ás antenas de telefonía móbil.
A implantación do 4G na banda de 800MHz supón unha mellora na velocidade a internet cunhas descargas e subidas máis rápidas, proporcionando unha mellora da cobertura en edificios e tamén no servizo en zonas rurais.
Todas as actuacións técnicas necesarias que deben realizar os operadores non terán custe algún para os cidadáns.
Para garantir que as condicións na recepción da sinal de televisión non se vexan afectadas e os cidadáns poidan seguir recibindo correctamente a sinal dos canais de televisión en condicións de calidade similares ás existentes, actuarase nos edificios potencialmente afectados, o que na maioría dos casos, a actuación consistirá na colocación dun filtro na antena de televisión.
Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade prestando a os cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por un lado, unha actuación previa, grazas á cal os cidadanías que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir de ese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias.
E, por outro, un procedemento correctivo, tras o acendido das estaciones, polo que llega800 encargarase de atendelos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen custe algún.
Como saber se a miña vivenda está afectada:
- Os cidadáns que residan en zonas de maior afectación recibiran unha carta no seu domicilio onde se lles informará que a partir dese momento poden solicitar a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles interferencias ou fallos na sinal de televisión.
- Se vive nun edificio colectivo, fale co presidente da súa Comunidade de Propietarios ou co seu administrador de fincas para que contacten co Centro Atención a Usuarios (CAU).
- Se vive nunha vivenda individual, pode contactar directamente co CAU.
- Nalgúns casos poderanse producir problemas na recepción da sinal de televisión unha vez iniciadas as emisións.
O número de atención gratuíto e a páxina web para os cidadáns son os seguintes: 900 833 999 e www.llega800.es