Propoñen que Linorsa non poida traballar para o Concello durante dous anos
Por Redacción
A Linorsa estáselle complicando o seu futuro en Pontevedra, debido aos seus incumprimentos de contrato. O Instituto Municipal de Deportes (IMD) acordou resolver definitivamente o contrato de limpeza do pavillón multiusos da Xunqueira asinado coa empresa.
A rescisión, un trámite iniciado hai unhas semanas, prodúcese segundo a resolución do IMD por non estar ao corrente no pagamento das débedas e cotas coa Seguridade Social, unha das obrigas do seu contrato co Concello de Pontevedra.
A decisión inclúe incautar a garantía definitiva deste contrato dado que a resolución é por causa imputable ao contratista. Dita garantía é de 4.212,36 euros.
O órgano de goberno do IMD aprobou tamén que, cando sexa definitiva a resolución do contrato, se inicie un expediente no que se prohiba a Linorsa contratar co organismo ningún tipo de servizo no prazo de dous anos.
Ademais, esta prohibición podería estenderse a todo o Concello de Pontevedra. O IMD solicitará que este mesmo trámite se aprobe na Xunta de Goberno, polo que a empresa non podería traballar para ningún organismo público municipal.
Relacionadas:
-
As traballadoras da limpeza en Príncipe Felipe convocan unha folga indefinida
Por Oskar Viéitez |
-
Linorsa debe 3.000 euros a cada traballadora da limpeza na Cidade Infantil Príncipe Felipe
Por Anxo Lourido |
-
O Sergas inicia os trámites para rescindir o contrato con Linorsa
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello rescindirá o contrato con Linorsa para a limpeza do Multiusos da Xunqueira
Por Alejandro Espiño |