A coordinadora de peñas taurinas celebra unha capea e dous tentaderos
Por Oskar Viéitez
O sábado 2 de xullo terá lugar a novena edición da Xuntanza de peñas taurinas, na que o albero do coso de San Roque acollerá a comida para, a iso das seis e media da tarde, dar paso a unha capea con vacas.
Do mesmo xeito que o ano pasado, confirmou a súa asistencia Eduardo Lozano, o empresario dono da centenaria praza pontevedresa.
A festa terminará con música e baile pero terán que recollerse cedo xa que ao día seguinte, a iso das doce e media da mañá, está previsto o primeiro dos tentaderos.
Con reses de Alcurrucén o toledano Álvaro Lorenzo saltará ao rodo. Gañador hai tres anos do programa "Soy novillero" que organizaba a Televisión de Castela-A Mancha, desde entón, Álvaro Lorenzo toureou 55 novilladas con picadores gañando case todos os trofeos importantes: o Alfarero de Oro de Villaseca de la Sagra por partida dobre, o Zapato de Ouro de Arnedo (A Rioxa) ou o Capote de Ouro de Nimes (Francia).
O segundo dos tentaderos está previsto para o domingo 10 de xullo con Eugenio de Mora, un toureiro con 40 anos de idade e case 18 de alternativa.