Ferido un condutor nunha saída de vía na Autovía do Salnés
Por Redacción
A autovía do Salnés, a AG-4.1, rexistrou na tarde deste domingo un accidente de tráfico.
Segundo informaron desde Emerxencias Sanxenxo o vehículo circulaba en dirección a Pontevedra cando se saíu da vía. Foi entre as saídas de Meaño e Ribadumia.
Foi o único vehículo que se vió implicado no sinistro.
O condutor foi trasladado en ambulancia para recibir atención sanitaria. O seu estado era leve.