Concentración de condena en Pontevedra polas vítimas de Orlando
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Ante o Pazo Provincial, sede da Deputación, membros da corporación provincial e do goberno municipal de Pontevedra xunto a representantes de todas as forzas políticas mostraron a súa solidariedade coas vítimas de Orlando (Florida), e a repulsa por esta terrible matanza con 50 mortos e medio centenar de feridos, acto que foi reivindicado por ISIS e executado a través de "un dos soldados do Califato en América".
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, defendeu a liberdade e o respecto fronte ao "horroroso" ataque homófobo.
"Xa abonda de ataques contra a liberdade e á igualdade", proclamou Carmela Silva fronte ao que definiu como un "execrable delito, o asasinato polo feito de ter unha opción de vida diferente".
A presidenta da Deputación defendeu que "a xente ten dereito a elixir a quen ama e con quen comparte a súa vida" mostrando a solidariedade de todos os presentes "con todo o colectivo LGTBI".
Igualmente o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, estendeu a condena "a todo tipo de atentados violentos".
"Non hai xustificación para a morte de vítimas inocentes", dixo o rexedor da capital, expresando o desexo de todos "por unha nova orde mundial máis xusto e respectuoso coas liberdades e dereitos das persoas".
"Queremos vivir sen medo", concluíron.