A exposición sobre o modelo de cidade permanecerá tapada ata despois das eleccións
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra procedeu a tapar a exposición "Teu Pontevedra" en cumprimento da orde ditada pola xunta electoral.
O PSOE local denunciara ante a xunta electoral de zona esta exposición situada na Praza de Ourense ao entender que o seu contido era propagandístico e incumpría a normativa electoral vixente.
"A decisión pode ser comprensible pola literalidade da lei electoral", dixo o concelleiro do BNG, Vicente García Legísima.
O edil nacionalista explicou que aínda que había un prazo de 15 días para que o concello presentase alegacións a xunta electoral ordenou a suspención cautelar da mostra, unha decisión que se adoptou este martes cubrindo con plásticos negros os distintos paneis.
Así permanecerá ata o próximo 27 de xuño, o día despois das eleccións xerais.
Así mesmo, García Legísima, informou que o goberno local xa presentou o seu recurso.
Legísima tamén chanceou apuntando que "cando a abramos de novo haberá moitísima máis xente con toda esta publicidade que lle deu o PSOE".
Relacionadas:
-
Lores convértese nun "heroe" para os alcaldes de Corea do Sur
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
O Concello decidirá hoxe que facer con "Teu Pontevedra", tras aceptar a Xunta Electoral a denuncia do PSOE
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE estuda levar á Xunta Electoral a exposición de fotografías de case 30.000 euros 'Teu Pontevedra'
Por Natalia Puga |
-
O PSOE pide explicacións polo gasto de 30.000 euros na exposición "propagandística" 'Teu Pontevedra'
Por Redacción |