A música, fío condutor da vindeira edición da Feira Franca
Por Redacción
O Consello Aberto da Feira Franca reuniuse este martes no Concello de Pontevedra para facer balance da pasada edición e comezar a traballar na vindeira que será os próximos 2 e 3 de setembro. A temática desta edición é a música.
Ademais, dende este mércores está aberta a oficina da Feira Franca no antigo edificio do Conservatorio, na rúa Alfonso XIII.
Como vén sendo habitual, alí tramitaranse todas as solicitudes para participar no mercado tradicional, nas ceas e xantares, así como todas as solicitudes da hostalería.
O horario de atención ao público é de 09.00 a 14.00 horas, e as peticións poderanse presentar até o 15 de xullo.
O teléfono de contacto da oficina da Feira Franca é 986 860 587.