Unha proba deportiva dificultará o tráfico o sábado en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Por mor da celebración da proba deportiva popular denominada Pontenoite 5x5, diversas vías do centro urbano van a sufrir restricións para a circulación con vehículos.
Dende a Xefatura da Policía Local de Pontevedra informaron que a mobilidade de saída estará garantizada, non asi a entrada.
Se habilitan seis puntos para saír (non entrar): Aparcadoiro Alameda, Pastor Díaz, Avenida Augusto García Sánchez, Frei Juan de Navarrete, San Julián, e Santa María, segundo se indican nas frechas do plano.
No horario indicado non se poderá acceder con vehículo á zona afectada pola proba deportiva.
Non se prohibirá o estacionamento pero os vehículos aparcados no percorrido, non poderán incorporarse á circulación ata o remate da proba deportiva.