Sanidade inspecciona 299 piscinas de uso colectivo na provincia
Por Redacción
A Consellería de Sanidade, a través da súa Xefatura Territorial en Pontevedra, inspecciona na presente tempada estival 2016 piscinas de uso colectivo repartidas por toda a xeografía provincial para garantir a súa calidade sanitaria. Deste xeito, ao longo da provincia de Pontevedra inspeccionaránse un total de 299 piscinas, delas, 50 son cobertas e 249 descobertas.
Os técnicos da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra efectúan supervisións e análises necesarias para determinar a calidade sanitaria das instalacións e, no caso de non cumprirse os requisitos contemplados na normativa vixente, poder proceder instruíndo un expediente sancionador ou incluso a revogación da autorización do recinto.
En canto ás indicacións de mantemento da piscina, os responsables das piscinas de uso colectivo na provincia de Pontevedra deben limpar e desinfectar periodicamente as instalacións e facer controis de cloro polo menos dúas veces ao día: pola mañá e no momento de máxima afluencia de bañistas. Ademais destas análises, deben realizarse controis mensuais da calidade da auga, dos que se extraen parámetros como a condutividade, pH e amoníaco ou a concentración de desinfectante, entre outros.
A cantidade de desinfectante da auga das piscinas non pode chegar a ser nunca irritante para os ollos, a pel e as mucosas dos bañistas e os produtos químicos que se usen teñen que estar homologados polo Ministerio de Sanidade.