Xornada de xogos populares na praza da Ferrería
Por Redacción
O Concello de Pontevedra organizou este venres unha xornada de xogos populares que se desenvolveu na praza da Ferrería, dende as 17.00 ás 21 horas.
Os que acudiron á praza puideron aprender e gozar de 30 xogos populares de enxeño, lanzamento e taboleiro: a chave, tragabolas, lanzamento de pedra, xogo das pías, da choca, das arandelas, dos chanzos....
Nenos e tamén maiores tiveron unha oportunidade de compartir unha actividade lúdica que vencella tradición e valores como a solidariedade.