Catro personas trasladadas a Montecelo ao intoxicarse co fume dun incendio en Caldas
Por Redacción
Catro persoas foron ingresadas no hospital Montecelo de Pontevedra debido á intoxicación por fume que sufriron durante o incendio que tivo lugar nunha vivenda situada no centro urbano de Caldas de Reis.
Segundo informou o 112 Galicia, o incendio produciuse ás nove e media da mañá no número 28 da rúa Dolores Mosquera.
As catro persoas que foron atendidas no centro hospitalario pontevedrés son unha nai e o seu fillo, ocupantes da devandita vivenda, e dúas persoas máis que foron a auxilialos. Tras ser atendidas inicialmente no PAC de Caldas foron derivadas a Montecelo.
Ademais, os Bombeiros do Salnés optaron por desaloxar todo o inmoble, no que no momento do lume había unhas corenta persoas. De feito, foron os propios veciños os que alertaron do incendio ao ver o fume que saía polas xanelas.
Os bombeiros continúan desescombrando e, polo momento, descoñécese o alcance dos danos, pero si indican que a vivenda está completamente afectada.
No operativo despregado neste suceso participaron tamén membros do GES de Valga, voluntarios de Protección Civil de Caldas, Policía Local, Garda Civil e Urxencias Médicas.