Están protexidos os montes ante a tempada de máximo risco de incendios?
Por Diego Espiño
A poucos días de que se inicie o período de máximo risco de incendios, que comeza en Galicia o venres 1 de xullo, os traballadores da empresa pública que se encarga da extinción de incendios forestais (Seaga) descoñecen que día se incorporarán ao seu traballo.
Así o denunciaron os empregados nunha rolda de prensa convocada no sindicato CIG, sendo unha situación que afecta a medio milleiro de traballadores e que "repítese un ano máis".
Os traballadores aseguran que a Xunta deixa de lado a prevención, para a que "contratan empresas privadas", centrando toda a súa previsión de gastos na extinción, sinalou Alberto López como representante do comité de empresa.
Esta situación reduce ao mínimo o seu período de actividade aos tres meses de máximo risco. Con todo este período tampouco se cumpre porque "o ano pasado empezaron ou 15 de xullo", asegurou a sindicalista Diana Rodríguez.
Este atraso na posta en marcha do dispositivo motivou no seu momento unha denuncia de conflito laboral. Esa denuncia conta desde o pasado 16 de xuño cunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que "nos abre a porta a que poidamos demandar entre 15 e 35 días de traballo do ano pasado", explicou Nacho Magariños, do comité de empresa de Seaga.
Estas reclamacións poderían supoñer un custo de "ata un millón de euros" ás arcas públicas "por quedar na casa", sinalaron os traballadores.
Relacionadas:
-
Xunta e Defensa reeditan a operación "Centinela Gallego" para a prevención de incendios forestais
Por Oskar Viéitez |
-
A conselleira de Medio Rural pasa revista á base contra incendios forestais de Salcedo
Por Redacción |
-
Operarios de brigadas antiincendios de Seaga marchan a Santiago para pedir contratos de 6 meses
Por Redacción |