Accidentes de tráfico en Pontevedra e Marín
Por Redacción
Ás 9:49 horas tívose noticia dun accidente de tráfico na estrada N-550, na Cendona (Lérez) no Concello de Pontevedra.
Tratouse dunha colisión entre un turismo e unha motocicleta.
Sobre esa mesma hora da mañá (9:51 horas) rexistrouse outro sinistro en Marín. Concretamente na estrada PO-551, que comunica a Escola Naval de Marín co municipio de Bueu. Dous vehículos colidiron, saíndo un deles da vía.
Segundo informaron desde o servizo de urxencias 112 Galicia, unha das ocupantes dun dos coches sinistrados resultou ferida polo que foi trasladada en ambulancia medicalizada ata o hospital Miguel Domínguez.