Ferida unha muller ao caer o vehículo que conducía por un desnivel en Marín
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha muller resultou ferida durante a tarde deste domingo 10 cando o vehículo no que circulaba saíase da vía e caía por un terraplén no concello de Marín.
O suceso producíase ao redor das 16.00 horas segundo informou o servizo de Emerxencias do 112. Ata o lugar tiveron que desprazarse os bombeiros do Morrazo e efectivos de Protección Civil de Marín.
Os bombeiros aseguraron a estabilidade do vehículo para que a muller puidese saír do interior e foi atendida por unha ambulancia do 061.