Rueda pídelle a Telmo Martín que recupere a unión no PP de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
Co 97,6% dos votos Telmo Martín, único candidato presentado, saíu elixido presidente do Partido Popular de Sanxenxo no V Congreso Local que se celebrou este domingo. No acto de clausura participou o presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, e a ministra en funcións de Fomento, Ana Pastor, que dixo "necesitamos más Telmos".
No seu discurso o novo presidente local dixo que nestes anos no PP de Sanxenxo "perdemos a unidade, a humildade e a eficacia que nos caracterizara" y admitiu que "persoas que tiveran un peso importante no partido sentíronse ignoradas e, incluso, maltratadas. Esta é a realidade e, lonxe de ocultala, o meu propósito é corrixila", prometeu.
Esa foi tamén a encomenda que lle fixo Alfonso Rueda, pediulle unidade ao novo equipo e traballo para recuperar o goberno do Partido Popular en Sanxenxo. "Non se poden volver cometer os erros do pasado porque das división non veñen as vitorias", explicou.
A avogada Vanessa Vidal García, de 37 anos, será a lugartenente de Telmo Martín nun comité executivo local integrado por 13 mulleres e doce homes no que María José Deza ocupará o cargo de tesoureira.