O BOE publica a adxudicación a Eptisa e Idom Enxeñería do plan de saneamento da ría
Por Oskar Viéitez
O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste martes publica a adxudicación á unión temporal de empresas (UTE) que forman Eptisa e Idom Enxeñería do plan de saneamento da ría de Pontevedra.
O orzamento de Augas de Galicia para este estudo supera os 1,2 millóns de euros, que serán cofinanciados nun 80 % con fondos europeos.
O estudo de necesidades e obras encargado a Idom e Eptisa debe estar elaborado en 2018, aínda que as primeiras actuacións por parte da Xunta xa se programan para este ano en curso.
A alianza das consultoras Eptisa e Idom obtivo a mellor puntuación entre as trece propostas que manexou a Xunta. O concurso foi licitado en outubro pasado.
Relacionadas:
-
Medicións en terra e mar, punto de partida para a redacción do plan de saneamento da ría
Por Redacción |
-
A construción do emisario submarino, "prioridade número un" da Xunta no plan de saneamento da Ría
Por Redacción |
-
"Quedamos como entramos", así resumen as confrarías a reunión do saneamento
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |