Aberto o prazo de solicitudes para participar na V Festa Corsaria
Por Redacción
Marín prepárase xa para a que será a quinta edición da Festa Corsaria, na que espera seguir involucrando aos veciños.
A festa pirata celebrarase esta vez os días 19 e 20 de agosto, con postos instalados na Alameda Rosalía de Castro e o Parque Eguren.
O Concello habilitou o prazo de solicitudes para comidas e ceas particulares na rúa, así como para instalar postos de artesanía ou de locais de hostalería.
Como en anteriores edicións premiarase a mellor ambientación, con recompensa en metálico de 200 euros para o mellor local e tamén para a mellor mesa de particulares.
Ademais, segundo sinala o Concello, tratarán de aumentar a animación na rúa, cun programa cargado de actividades.