Sanxenxo abre esta fin de semana o estacionamento disuasorio de Seame
Por Redacción
O aparcadoiro disuasorio que o Concello está a habilitar nunha parcela de titularidade municipal en Seame (Portonovo) poderá abrir xa este fin de semana.
As obras de acondicionamento non están aínda concluídas polo que os vehículos terán que deixar o espazo desaloxado o luns ás 8 da mañá, para que a empresa concesionaria poida instalar as varandas de protección en todo o perímetro e a iluminación en todo o recinto.
A partir de metade de semana o aparcadoiro quedará xa totalmente terminado e habilitado.
Esta actuación está executada con cargo ao Plan Concellos da Deputación e o goberno local procedeu á súa adxudicación no momento no que recibiu a conformidade do ente provincial.
Por iso é polo que os traballos comezasen a finais de xullo, o que permitirá dar cobertura, como estacionamento alternativo, durante o que resta de verán. Será totalmente gratuíto para os usuarios.
Relacionadas:
-
O vello depósito de auga de Seame xa é historia
Por Redacción |
-
O depósito de Seame ten os días contados... ata o luns
Por Redacción |
-
Esta fin de semana, aparca de balde no novo aparcamento de Seame
Por Redacción |
-
Sanxenxo adxudica o acondicionamento dunha parcela para aparcar 200 coches en Portonovo
Por Redacción |