Panorama e Azúcar Moreno poñen o punto musical ás festas de Portonovo
Por Redacción
Portonovo encara o ecuador das súas festas de verán e faino coa música como un dos principais puntos de interese.
A zona portuaria acollerá este mércores 17 de agosto as actuacións de Panorama e o dúo Azúcar Moreno.
A orquestra galega, sempre caracterizada polo seu despregamento de luz e son, comezará a súa actuación ás 22:30 horas.
Ao seu remate será Azúcar Moreno quen tome o relevo, unha formación musical como moita historia no panorama musical desde o seu primeiro disco, no ano 1984, e que recentemente se volveu a xuntar para percorrer a xeografía española.
Ademais este mércores celebrarase tamén o Día do Carme con pasarrúas dos grupos de gaitas Os Gatiños, Lembranzas e a Banda de Música Municipal de Redondela, que ás 13 horas ofrecerá un concerto á beira da capela.
Pola tarde, ás 19:00 horas, terá lugar unha misa e procesión cos Danzantes de Covas.