O PP de Poio pregunta pola xestión da Festa do Mar
Por Redacción
O PP denunciou este martes que nin os membros da corporación nin os servizos técnicos municipais teñen ningunha información sobre o procedemento de xestión que se vai levar a cabo para a Festa do Mar que comeza este mércores.
Segundo a concelleira Rocío Cochón, os informes preceptivos para xestionar a Festa non foron postos a disposición dos concelleiros en ningunha comisión informativa, pese a que "os técnicos e os servizos municipais están agardando por eles" para poder informar sobre o procedemento.
"A estas alturas", segundo explicou Cochón, "non hai outra cousa que un listado de uns poucos produtos que son os que din que van vender", sen información contrastada sobre se eses produtos serán os que finalmente saian á venta "e o máis importante, sen información sobre o formato con que se contratará ó persoal que atenda ás casetas, as compras a proveedores, etc".
O PP concluíu sinalando que, a día de hoxe, do pouco que se sabe sobre a xestión da Festa do Mar é que segundo o propio Concello, no informe no que se aprobaron os precios dos produtos, é que hai máis de 30.000 euros en custes que non saben cómo van cubrir.