O Concello de Vilaboa pídelle á Xunta que acondicione o canastro e a reitoral de Bértola
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Cultura e Mocidade do Concello de Vilaboa, Carlos Acuña, dirixiu un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio para que proceda a adoptar as "medidas e xestións axeitadas" para que se repare e acondicione o conxunto arquitectónico da Reitoral de Santa Comba de Bértola (canastro e reitoral).
Estes bens pertencen ao arcebispado de Santiago de Compostela.
Tanto a reitoral coma o canastro atópanse a día de hoxe en mal estado de conservación.
A reitoral é unha casa contigua á Igrexa de Bértola, estilo pazo, en sillares de granito fino, posiblemente de comezos de siglo XIX. A planta, en forma de L, conta cun patio e unha solana de entrada con balaustrada.
Conta cun hórreo de 18 pés, (oito andares), o que o fai un exemplar de considerables dimensións.