A Policía Local de Pontevedra detén un mozo de 29 anos como presunto autor dun delito de violencia machista
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra procedía á detención ao redor das 08.00 horas da mañá deste domingo dun home de 29 anos de idade como presunto autor dun delito de violencia machista.
Os axentes realizaban un control de alcoholemia na rúa Padre Amoedo Carballo a primeiras horas da mañá e foron testemuñas de como a cincuenta metros de onde se atopaban un home propinaba un forte golpe a unha muller, que caía proxectándose varios metros polo aire e impactando contra o chan, segundo a versión da Policía Local. A muller golpeouse violentamente as costas contra o chan.
Unha terceira persoa lanzouse contra o agresor para tentar defender á muller, pelexando con el. De forma inmediata, os axentes da Policía Local achegáronse ao lugar dos feitos e procederon a separalos. O agresor mantiña unha actitude violenta e chegou a agredir aos policías. Foi necesario que os axentes reducisen ao home para proceder á súa detención e garantir desa forma a seguridade tanto da muller como do outro home que intercendía no seu defensa.
A muller é parella sentimental do agresor e tivo que ser trasladada por unha ambulancia ao Hospital Montecelo cunha forte dor nas costas.