O ORAL tramitará 300.000 recibos máis que en 2015
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva realizaba unha visita a 22 oficinas do ORAL, o organismo de xestión tributaria para 52 Concellos da provincia. Na instalación que ten en Pontevedra na avenida de Marín, Silva indicou que o traballo que se realiza a través deste organismo é de "matrícula de honra".
A recadación total do ano pasado foi de 120 millóns de euros, unha cifra que se verá superada este ano, segundo afirmou a presidenta provincial. Xa que en 2016 levan tramitados 1.300.000 recibos, 200.000 máis que o pasado ano. E falta o último trimestre deste curso no que se espera que a cifra alcance os 300.000 recibos máis que en 2015. Este servizo tramitou nestes dez primeiros meses de 2016 o cobro de máis de 46 millóns de euros.
Estas oficinas tramitan recibos de impostos como IBI, IAE, vehículos, multas de tráfico, lixos e licenzas urbanísticas de 21 concellos, entre outras taxas.
De todos eles, o que máis ingresos recada é o IBI Urbano con máis de 50 millóns de euros. A presidenta destacou o labor que se realiza desde o ORAL fronte a fraude fiscal.