A Xunta concede axudas a cinco municipios da comarca afectados polos temporais do inverno
Por Redacción
Un total de 28 municipios galegos, cinco deles da comarca de Pontevedra, foron incluídos na relación de axudas aprobadas pola Xunta de Galicia para paliar os danos que os temporais causaron o pasado inverno.
En concreto entran nesta relación Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas e Cuntis, afectados polas inundacións rexistradas nos meses de xaneiro e febreiro.
As axudas plantexáronse para pequenos concellos e vilas medianas de máis de 10.000 habitantes, sendo o criterio de selección aqueles lugares nos que se chegaron a rexistrar precipitacións de máis de 80 litros por metro cadrado en 12 horas.
As obras que se executarán centraranse na reparación de viais e na mellora de equipamentos públicos, co seguinte orzamento en función do municipio.
MUNICIPIO | ORZAMENTO DE OBRA | AXUDA DA XUNTA |
Campo Lameiro | 60.497,58 euros | 35.000 euros |
Cotobade | 39.994,99 euros | 33.053,71 euros |
A Lama | 42.290,77 euros | 34.951,05 euros |
Ponte Caldelas | 42.350 euros | 35.000 euros |
Cuntis | 86.795,72 euros | 22.501,16 euros |