Suspenden as clases no CEIP A Lama polos estragos causados pola chuvia
Por Redacción
As clases no CEIP A Lama tardarán en comezar. E non só polas obras de cambio de cuberta, senón polas desfeitas que causou o temporal de choiva das últimas horas.
Educación decidiu suspender de novo o inicio de curso neste colexio, que este luns a diferenza do resto de Galicia non puido comezar con normalidade.
A xefatura territorial de Educación asegura que se está analizando a situación para garantir o regreso ás aulas coa "máxima seguridade" para todos os membros da comunidade educativa.
Educación estuda trasladar ao alumnado afectado a outras partes dos centros que estean menos afectadas por estes danos, unha vez conclúan os traballos de limpeza e acondicionamento que se necesitan facer tras o temporal.
Ademais, ordenouse aos directores de ambos os colexios que rexistren os danos nas instalacións e no material de cada un dos centros, xa que o arranxo e o reembolso esixiranse ás empresas construtoras que se ocupan das obras de cambio de cuberta.