A rúa Martín Códax deixará de estar as escuras coa instalación de 30 farois
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra iniciou nestas semanas a obra civil para dotar de iluminación á rúa Martín Códax, unha das poucas rúas de entrada a Pontevedra que carecía deste servizo municipal.
Trátase dunha rúa que só ten vivendas no seu comezo (no seu entronque con Domingo Fontán), e o resto da vía pasa polo parque da Xunqueira de Alba até enlazar co Paseo da Xunqueira e a rúa da Gándara, recentemente remozada.
De feito, é unha vía moi empregada polos veciños da Gándara e de toda esa zona do Burgo para acceder ás súas vivendas.
A finais de mes estarán instalados os farois (31, en total) que contarán con tecnoloxía led, ao igual que o resto de farois que se están a instalar noutros puntos da cidade. Tanto as columnas como as luminarias son similares a outras colocadas no concello.