Educación estuda coa empresa a volta ás aulas dos alumnos do colexio da Lama para o vindeiro luns
Por Redacción
O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, mantivo este mércores unha reunión coa empresa que está a levar a cabo os traballos de reposición da cuberta do CEIP A Lama co obxectivo de acordar un cronograma de traballo de cara a poder concretar o regreso as aulas dos alumnos afectados polo temporal de chuvia do pasado luns.
Na reunión estiveron tamén presentes os responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Educación, así como da Inspección Educativa.
A empresa comprometeuse a a asumir os danos causados por dito temporal e a rematar nos próximos días a cuberta principal.
"O obxectivo principal é garantir a seguridade e que os nenos e nenas poidan volver as aulas no menor prazo posible", explicou Pérez Ares.
No CEIP de A Lama, que sufriu danos de menor contía, os traballos de finalización da cuberta agárdanse que estean listos nos próximos días de cara a que os alumnos poidan iniciar o curso o próximo luns. O venres visitarán o centro os inspectores de educación e o director de obra para comprobar que todo está en orde e que se pode regresar as aulas con total seguridade. “As obras dos remates da cuberta se realizarán posteriormente sempre en horas non lectivas”, engadiu Pérez Ares.
A Inspección Educativa xa deu traslado desta decisión tanto ao equipo directivo do colexio como á Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA).
Precisamente foi a Anpa do centro a que, en asemblea, a que decidiu non levar aos seus fillos ao colexio ante a situación na que actualmente se atopan as instalacións educativas.