Unha persoa resulta ferida nunha colisión múltiple en Noalla
Por Redacción
Unha persoa resultaba ferida tras un impacto entre tres vehículos en Sanxenxo que se producía arredor das 11.30 horas deste venres 16.
Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112, o sinistro ocorría na Revolta, na parroquia de Noalla de Sanxenxo. Urxencias Médicas alertaba do accidente e foron avisados os Bombeiros de Ribadumia por se era necesaria a súa intervención, o GES de Sanxenxo e a Policía Local.
Os efectivos sanitarios trasladaron á persoa ferida nunha ambulancia ata un centro sanitario.
Tras a limpeza da vía, a circulación na zona quedou restablecido.