Arte, música e deporte, oferta das escolas municipais de Sanxenxo
Por Redacción
Ata 20 propostas culturais e deportivas compoñen a oferta das escolas deportivas de Sanxenxo para o recentemente estreado curso escolar.
Dirixidas a alumnos entre os 3 e os 16 anos, o maior número de propostas son deportivas, incrementándose este ano o número de modalidades dispoñibles ao sumarse o ciclismo, MTB, atletismo e patinaxe.
Ademais mantéñense o baloncesto, xogos predeportivos, piragüismo, psicomotricidade, salvamento marítimo, surf-bodyboard, taekwondo, tenis, voleibol, natación, zumba e baile moderno.
Os escolares poderán escoller tamén actividades como o Obradoiro de Arte Infantil, o Centro de Arte, a Escola de Música ou a ludoteca e a +ludoteka.
Tanto as escolas deportivas como a de música comezarán a funcionar o 3 de outubro, mentres que o Centro de Arte e a ludoteca pospón o seu inicio ata o 17 do próximo mes.
Os centros educativos comezaron a distribuír os boletíns informativos e de inscrición nas escolas municipais, que tamén están dispoñibles no Pazo Emilia Pardo Bazán e na web municipal.