O Pazo Provincial tinguirase de violeta na noite do martes e o mércores
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra súmase aos actos convocados para o 21 de setembro, Día Mundial do Alzhéimer, e tinguirá o Pazo provincial iluminándoo de cor violeta durante as noites deste martes día 20, a partir das 0:00 horas e coincidindo co arranque da efeméride, e o mércores 21 ao xoves 22.
Deste xeito, a Deputación de Pontevedra amosa a súa solidariedade cunha doenza que afecta a preto de 100.000 persoas en Galicia e arredor de 30.000 na provincia de Pontevedra.
O alzhéimer é a máis común das doenzas neurodexenerativas, representando un 70% de todos os casos.
Galicia é unha das rexións máis afectadas polo alzhéimer de toda a Unión Europea por mor do alto índice de envellecemento da súa poboación, feito que a AFAGA sinala ao alertar de que se prevé un incremento da súa incidencia en Galicia xa que, de feito, a idade é o maior factor de risco á hora de padecelo.
Relacionadas:
-
Marín ofrecerá un curso para coidadores de persoas cunha demencia
Por Redacción |
-
Marcando o paso ao alzhéimer
Por Redacción |
-
As farmacias pontevedresas asesoran a familiares e coidadores de persoas con alzheimer
Por Redacción |
-
Gargalladas solidarias con Luís Piedrahita para loitar contra o Alzheimer
Por Mónica Patxot |
-
Cea benéfica contra o alzheimer
Por Diego Torrado |