Día do patrón da Policía con nova protesta polas medallas
Por Oskar Viéitez
Este luns celébrase o patrón da Policía Nacional, os Anxos Custodios. Un ano máis os actos festivos están embazados por unha polémica, neste caso é o sindicato Unión Federal da Policía (UFP) o que protesta pola repartición das medallas que cualifica de "mercadillo" para "pagar favores e dar pensioncillas a mandos afíns" ao sinalar que "outro ano máis, policías que puxeron en risco a súa vida quedan sen condecoración".
"Mentres os despachos énchense de medallas, os policías de rúa apenas as reciben", din nun comunicado no que anuncian que non acudirán aos actos do día do patrón.
Neste acto, que se desenrolará ao medidodía na sede de Afundación en Pontevedra está previsto que, entre outros, se condecore ao máximo responsable do Corpo Nacional de Policía en Pontevedra, o comisario Manuel Bouzas Canosa, a quen o Ministerio do Interior concédelle a Cruz ao Mérito Policial con distintivo vermello.