Falece un home ao caer dunha escaleira cando podaba árbores no camping do Terrón
Por Oskar Viéitez
Un home de 59 anos faleceu a última hora da tarde deste xoves tras sufrir unha caída no camping do Terrón, en Vilanova de Arousa. O home estaba a podar as polas dunha árbores.
Segundo informou o 112 un particular alertou da situación minutos antes das 20:00 horas do xoves. Solicitaba para a vítima asistencia sanitaria de urxencia. Enseguida, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas, que mobilizou un equipo ata o camping.
A pesar dos esforzos dos efectivos sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida. Os profesionais do 112 Galicia tamén trasladaron todos estes datos á Garda Civil.
ACCIDENTE DE TRÁFICO NAS SINAS
Tamén en Vilanova de Arousa dúas mulleres resultaron feridas este xoves nun accidente de tráfico que se rexistrou na EP-9702 ao seu paso polas Sinas.
As dúas mulleres, veciñas da Illa de Arousa, viaxaban nun Seat Ibiza que, por razóns que se descoñecen, saíu da vía impactando frontalmente contra un poste da luz.