Catro persoas resultan feridas nunha colisión en Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha colisión entre dous turismo saldouse con catro persoas feridas, unha delas menor. O accidente rexistrábase ao redor das 20.15 horas en Vilalonga, na estrada PO-504 cara a Sanxenxo á altura Gondar.
Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias 112 Galicia, un particular alertou do sinistro. Desde o Centro de Atención ás Emerxencias alertaron a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Salnés. Tamén se informou ao GES de Sanxenxo, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
Os feridos foron trasladados polo 061 a un centro hospitalario. Segundo sinalan desde Emerxencias Sanxenxo, a pesar do aparatoso do accidente, os feridos sufrían contusións de carácter leve.