Amplían aos municipios limítrofes o radio de busca do octoxenario desaparecido en Cotobade
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O dispositivo de busca de Manuel Calvo, veciño de Cerdedo-Cotobade de 84 anos desaparecido desde a noite do xoves, ampliouse e reforzado desde primeira hora do sábado, de momento sen éxito.
Desde as 8:00 horas efectivos de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade, Protección Civil de Pontevedra, Garda Civil e máis dun cento de veciños percorreron diversas zonas, coa axuda da unidade canina.
O radio de busca, que o venres se iniciou por Viascón, ampliouse cara a Carballedo e outras zonas de municipios limítrofes, como Bora ou Xeve.
Ademais rastréxase o bordo do río Lérez porque "alguno de los perros enfoca hacia allí", recoñece a concelleira de Cotobade María Pichel. Unha teoría que reforza o feito de que "era también pescador, además de cazador".
A familia Manuel Calvo denunciou a súa desaparición ante a Garda Civil a medianoite deste xoves tras constatar que saíra a pasear pola tarde e non regresara. Segundo indicaron, é habitual que o home salga a pasear sobre as 15.30 horas, pero adoita regresar pouco despois. Ademais sinalaron que ten dificultades respiratorias e de mobilidade e padece de Alzhéimer.
A BUSCA, SUSPENDIDA ATA O DOMINGO
O intenso rastrexo polos montes de Cerdedo-Cotobade concluíu este sábado sen rastro do desaparecido, polo que o dispositivo retomarase á primeira hora do domingo, aínda que sen presenza veciñal debido á coincidencia coa xornada de caza e os problemas de seguridade que se poderían ocasionar.
En todo caso, a Garda Civil e Protección Civil continuará cos labores, e as sociedade de caza, que percorrerán boa parte dos montes da zona, foron avisados para que permanezan alerta e trasladen ás autoridades calquera pista que se poidan atopar.
Relacionadas:
-
Localizan nunha zona de difícil acceso o cadáver do ancián de Cotobade desaparecido desde o xoves
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Preto de 100 persoas continúan na busca do home desaparecido en Viascón
Por Anxo Lourido |
-
Máis de 50 persoas buscan a un octoxenario desaparecido en Cotobade
Por Natalia Puga |