Aparatosa envorcadura na Autovía do Salnés, en Meaño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida este sábado tras un aparatoso accidente na Autovía do Salnés (AG-41), á altura do termo municipal de Meaño.
Foi o mesmo condutor do vehículo, que circulaba en dirección Pontevedra, o que avisou aos servizos de emerxencia tras perder o control do seu coche e acabar envorcando.
O suceso produciuse a escasos dous quilómetros da saída cara á Armenteira, minutos despois das 13:00 horas, segundo informa o 112 Galicia.
Inmediatamente deuse aviso aos efectivos de Emerxencias Sanxenxo, Bombeiros do Salnés, 061 e Garda Civil de Tráfico.