O PP de Poio alerta do "lamentable" estado dos parques infantís da Seca
Por Redacción
O PP de Poio fñixose eco este mércores das denuncias sobre o estado dos parques infantís da Seca, con falta de elementos de protección tanto na área de xogos anexa ó campo de fútbol como na ubicada xunto ó quiosco da Reiboa.
Os populares din recoller as queixas dos usuarios das distintas instalacións situadas na Seca que informaron de importantes desperfectos nas distintas zonas infantís, con aparatos rachados e con achas, deterioro ou falta de elementos de protección e, en xeral, condicións pouco apropiadas para o seu uso.
O estado das zonas de xogos supón unha fonte de inquedanza para os veciños da zona e usuarios das instalacións. Tamén din que os pais informan de nenos mancados por falta de protección e falta de valado e aparatos rotos.
O PP solicitou a reparación inmediata do mobiliario destas instalacións, así como un mantemento das áreas infantís acorde ó coidado que se lle debe aos seus usuarios.