A oposición forza unha baixada do IBI maior da prevista polo tripartito de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
A suma dos votos dos 8 concelleiros do Partido Popular e do concelleiro independente permitiu aprobar unha baixada do IBI do 10% (do 0,48% ao 0,44%). O goberno tripartito propoñía unha redución da metade, do 0,48% ao 0,46%.
Os populares argumentaron que a redución do 10% do IBI que se aprobou este venres no Pleno é perfectamente viable, e esgrimen ao seu favor o informe do Interventor Municipal, que di que se pode reducir o IBI ata o 0,44% no ano 2017 e, mesmo, seguir reducíndoo no ano 2018 sen afectar o plan de axuste e estabilidade orzamentaria ao que está sometido o Concello desde 2012.
Durante o pleno o alcalde, Gonzalo Pita, sinalou que esta baixada pode ser unha temeridade xa que o Concello ten que facer fronte á sentenza que lle condena a pagar 3.010.000 euros pola leira dos irmáns Rocafort.
Gonzalo Pita cre que esta baixada de impostos pretende deixar sen recursos ao goberno local para limitar a súa capacidade de xestión.
Relacionadas:
-
A rebaixa lineal do IBI aprobada en pleno non convence nin ao tripartito de Sanxenxo nin aos representantes veciñais
Por Redacción |
-
Telmo Martín pide ao tripartito de Sanxenxo que deixe gobernar ao PP
Por Oskar Viéitez |
-
O PP cualifica de "tasazo" á proposta do Concello de Sanxenxo de gravar os excesos no consumo de auga
Por Oskar Viéitez |
-
Como vai a pagar Sanxenxo a sentenza dos irmáns Rocafort?
Por Redacción |